Estos dias comezamos o curso universitario e iso conleva a posivilidade de volver a escribir con certa regularidade nestas paxinas.¿Que pasou en todo o verán?Demasiadas cousas que todo o mundo coñece, demostracións de que ainda existe moita persoa dogmatica polo mundo e que actuan conforme a uns ideias de séculos anteriores, tanto na esquerda como na dereita, sen plantexarse como abanzar no mundo cambiante que atravesamos hoxe.
O PP coma sempre anda a darlle voltas a iso de que o galego se está impoñendo, e as respostas que xurden son acertadas ou non, as de sempre, saindo nos medios por feitos xudiciais ou por cargar contra outras organizacións... O 18 deste mes existe unha convocatoria para sairmos a rúa en defensa do galego por parte da plataforma Queremos Galego, eu vou asistir, máis hai que recordar que non só nas manifestacións se fai país.Hai que levar a cabo actos culturais e chamativos que non impliquen que as persoas que acudan sexan todas con carnet de agrupacións, hai que diversificar o tipo de persoas que nos plantexamos que o galego é a nosa lingua e que temos que protexela.Non podemos facer país vivindo só das convocatorias a rúa, o país faise andando e lendo...
Galiza non somos só os galegofalantes, Galiza non somos só os "colonizados", Galiza non son só os que se creen catro cousas e tiran para adiante.Galiza somos todos e dos que estamos convencidos depende que o resto do pais acorde, no plano que sexa, e vexa as problematicas que nos afectan, a todos, falen o que falen, e que descubran realmente que o galego é un medio perfectisimo para expresarse e provablemente o máis fermoso do mundo, por que a fin de contas é o noso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario