viernes, 12 de junio de 2009

O galego no ensino

Bueno todo o mundo o ve nos xornais.Agora vanlles preguntar aos pais dos rapaces en que idioma queren que sexan as súas materias mediante un test ou algo asi no que reflexen as súas preferencias lingüísticas o cal é ante todo unha burrada.

Pasemos por riba as ideas que se poden atopar detrás desa medida, non afondemos nas ideoloxías que todos sabemos que traen consigo ese tipo de cousas e vaiamos ao tema educativo como tal, aos país daselles a elixir se queren que un número de materias sexa en galego ou non, en ningun momento se pensa na posivilidade se os pais pensan se desexan un número de materias en castelán (É a ver se dandolle a volta se pilla un pouquiño por onde quero que se vexa a estupidez deste feito).¿Que trae tras de si esta idea?.Claramente que un idoma é prescindible e outro non, que podes saber castelán para andar pola vida pero bueno que o galego é como un algo que podes aprender se desexas pero bueno, tampouco e para tanto, e podelo aprender se teus pais deciden nunha enquisa que algunha materia nola poñan asi... (Así si que se nota un pouquiño por onde vai a miña retranca).

Así podemos pensar o seguinte tamén... Dende unha perspectiva de espacio... Vanse separar aos alumnos segundo o idioma "horario de galego falantes" e "horario de castelán falantes" iso de normalizador non seria nada.Quero dicir... Se consideramos que o idioma galego debe ser normalizado separar aos alumnos é un pouco como o diria eu... ¿¿Raro??

Bueno pero claro o perseguido é o castelán...

1 comentario:

Pequena Lila dijo...

Non hai palabras para explicar canta razón...