Durante este periodo de tempo non puiden achegar nada ao blogue xa que estiven a facer practicas tanto da carreira como do curso de monitor de tempo libre.¿Que aprendin?...Aprendín o que realmente era o ámbiente de traballo real, vin as cousas cos meus propios ollos e intentei solucionar aquilo que caia nas miñas mans,ainda que as veces as solucións non fosen miñas pois viñan dadas polos propios educadores de ambolos dous sitios, ou polos propios rapaces, eu sentiame útil.
O peor de todo é o medo, o medo a facer algo co que realmente metiches a pata con toda boa intención do mundo pero metiches a pata.Incluso chegas a preguntar se realmente vales para o que estas facendo.Pero sempre che ven unha voz interior que che dí que sigas a diante por que se non o fas ti farao outro, e pode que ese outro o faga peor ca ti, asi que ate certo punto sempre é mellor responsavilizarte dos teus erros que sentirte culpable dos erros dos demais por que ti quizais o farias ben.A forma de traballar e de pensar é a que nos diferencia dos demais, e se o meu pensamento me dí que o fixen mal (Ainda que non fose asi) é por que o meu pensamento me pide que o faga ainda mellor e que non me convenza que fago as cousas ben por que se asi o fago estancareime nun xeito de actuar e iso nunca foi bon.
A todos aqueles que se atoparon con migo en ambalas duas practicas, moitas grazas polo camiño andado.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Paco... lembra sempre que na vida apréndese moito dos erros. Menos mal que tes esa voz interior que fai que non abandoes. Sigue cara a diante, que durante o percorrido facemos a utopía.
Hoxe 14 de abril: Viva a República!!!
Alegrame ver que non te freou o medo, xa que eu estaba aterrorizada,jaja, pero tamén pensei o mesmo, si xa hai ken o faga peor, xk seguir o exemplo??a boa vontade contará pa algo non??aínda que a valoración da miña tutora sexa unha merda (polo escasa, claro)non me queixo, que carallo teño uns 10 avós/as máis!!jaja.
Publicar un comentario