lunes, 9 de marzo de 2009

A educación social nas escolas

Se collemos o programa eleitoral do pp podemos observar cousas curiosas, como por exemplo que en educación contemplan a idea de "pontenciar la figura del educador social para atender el alumnado fuera de las horas lectivas incidiendo especialmente en la formación relacionada con los buenos alimentos (aprender a comer) en el buen aprovechamiento del ocio y en mantener una permanente relación con las familias" (Quen o queira ler atopase na páxina 17 da parte de benestar).

Primeiro aplaudirlle ao señor Feijoo por reivindicar a figura do educador social nos centros de ensino, é algo necesario na actualidade debido ao contexto das escolas e institutos .Decirlle tamen que é unha pena que en 16 anos de goberno non se lle pasase pola cabeza tal idea pero bueno agora que conseguiu o goberno dunha forma democrática apelemos ao seu cumprimento.Recordarlle iso si que ese programa esta cargado cunha mellora social moi grande e que non é para pasar a campaña e rirse de nós.

Eu estou en segundo da carreira e ainda non aprendin a comer ben, pero bueno se Feijoo o dí seguro que nalgunha materia o daremos...

No hay comentarios: